Jrue Holiday

baloncestista estadounidense

Jrue Randall Holiday, nado o 12 de xuño de 1990 no barrio de Chatsworth (Os Ánxeles), é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Boston Celtics da National Basketball Association (NBA). É irmán dos tamén xogadores de baloncesto profesional Justin Holiday e Aaron Holiday.

Jrue Holiday
Boston Celtics – No. 4
Posición Base / Escolta
Información persoal
Nacemento 12 de xuño de 1990 (33 anos)
Chatsworth (Os Ánxeles)
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 93 kg (205 lb)
Información da carreira
Instituto Campbell Hall
(Os Ánxeles, California)
Universidade UCLA
NBA Draft 2009 / Rolda: 1 / Elección: 17
Por Philadelphia 76ers
Carreira dende 2009
Historial de equipos
Philadelphia 76ers (2009–2013)
New Orleans Pelicans (2013–2020)
Milwaukee Bucks (2020–2023)
Boston Celtics (2023–presente)
Premios e galardóns
NBA All-Star (2013)

Traxectoria profesional editar

Holiday foi elixido na 17ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Philadelphia 76ers. Converteuse no base titular dos Sixers en marzo da tempada 2009-10. Cando Louis Williams regresou da súa lesión, Holiday perdeu o posto de titular durante uns partidos, pero cando os Sixers levaban unha xeira negativa, Holiday volveu ao posto de base titular, e o mantivo durante o resto da tempada. O 3 de abril de 2010, Holiday anotou 25 puntos contra os Toronto Raptors, a máxima anotación na súa carreira. O 5 de novembro dese mesmo ano, mellorou esa marca, anotando 29 puntos contra os Cleveland Cavaliers. O 2 de febreiro de 2011, conseguiu o seu primeiro triplo-dobre, con 11 puntos, 10 rebotes e 11 asistencias na vitoria contra os New Jersey Nets. O 24 de xaneiro de 2013, foi elixido para xogar o seu primeiro All-Star Game da NBA coma suplente. O 26 de xaneiro de 2013, superou a maior anotación da súa carreira ó anotar 35 puntos contra os New York Knicks.

O 12 de xullo de 2013, foi traspasado ós New Orleans Pelicans a cambio de Nerlens Noel e unha elección de primeira rolda do Draft de 2014.[1]

O 24 de novembro de 2020, Holiday foi traspasado ós Milwaukee Bucks nun traspaso entre catro equipos.[2]

O 27 de setembro de 2023, Holiday foi traspasado xunto a Deandre Ayton, Toumani Camara e unha elección da primeira rolda do Draft de 2029 ós Portland Trail Blazers, nun traspaso entre tres equipos que enviou a Damian Lillard ós Milwaukee Bucks, e a Grayson Allen, Jusuf Nurkić, Nassir Little e Keon Johnson ós Suns.[3] Catro días máis tarde, os Trail Blazers traspasaron a Holiday ós Boston Celtics a cambio de Robert Williams III, Malcolm Brogdon e dúas futuras eleccións da primeira rolda do Draft.[4]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar