Jostein Gaarder, nado o 8 de agosto de 1952 en Oslo, é un escritor noruegués autor de obras pertencentes á literatura infantil e xuvenil[1]. Acadou un grande éxito internacional coa obra Sofies verden (O mundo de Sofía), que vendeu 30 millóns de exemplares e foi traducido a cincuenta e tres idiomas [2] .

Infotaula de personaJostein Gaarder

(2017) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de agosto de 1952 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Oslo, Noruega Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNoruega Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Oslo
Oslo Cathedral School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , escritor de literatura infantil , filósofo , novelista , guionista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1986 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua norueguesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
NaiInger Margrethe Gaarder (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsHelge Gaarder (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0299907 Allocine: 232861 Allmovie: p309657
Dialnet: 809324 Musicbrainz: 9da2ec67-c744-473a-80b4-773e4f55933b Discogs: 1039603 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo dun director de escola e dunha mestra (asemade escritora de literatura infantil), cursou na Universidade de Oslo os estudos de Filoloxía Escandinava e Historia das Ideas e da Relixión. Ao comezo dos anos 80 trasladouse a Bergen, onde foi profesor de Filosofía nun instituto ata os anos 90, momento no que abandonou a súa actividade docente [1].

Publicou a súa primeira obra, un libro de relatos, en 1986, pero non foi ata 1991 cando publicou Sofies verden. A obra, que xurdira coma unha tentativa de resumir a historia da filosofía e que era considerada polo autor coma un libro para lectores especializados, converteuse nun best-séller e chegou a ser a novela máis vendida do mundo en 1995 [2]. En 1997, en honor ao éxito da novela, creou o Sophie Prize (Premio Sofía) destinado a axudar economicamente calquera tipo de iniciativa relacionada coa preservación do medio ambiente [3].

No tocante ao seu estilo, Jostein Gaarder constrúe as súas obras tentando cuestionar o mundo que o rodea. Acotío emprega a metaficción, desenvolvendo historias dentro doutras historias [4].

Obra editar

  • Diagnosen og andre noveller (O diagnóstico e outras historias), 1986
  • Barna fra Sukhavati (Os nenos de Sukhavati), 1987
  • Froskeslottet (O castelo das ras), 1988
  • Kabalmysteriet (O misterio do solitario), 1990
  • Sofies verden. Roman om filosofiens historie (O mundo de Sofía. Unha novela sobre a historia da filosofía), 1991
  • Julemysteriet (O misterio de Nadal), 1992
  • Bibbi Bokkens magiske bibliotek (A biblioteca máxica de Bibbi Bokkens), 1993
  • I et speil, i en gåte (O enigma no espello), 1993
  • Hallo? Er det noen her? (Ola? Hai alguén aí?), 1996
  • Vita brevis (Vida breve), 1996
  • Maya (Maya), 1996
  • Sirkusdirektørens datter (A filla do director de circo), 2001
  • Appelsinpiken (A rapaza das laranxas), 2003
  • Sjakk Matt (Xaque mate), 2006
  • De gule dvergene (Os ananos amarelos), 2006
  • Slottet i Pyreneene (O castelo nos Pireneos), 2008
  • Det spørs, 2012
  • A Terra de Anna (Anna. En fabel om klodens klima og miljø), 2017[5].
  • Anton og Jonatan, 2014
  • Dukkeføreren, 2016

Premios [6] editar

  • Deutscher Jugendliteraturpreis" (1994), pola obra Sofies verden
  • Premio La Vanguardia (1995), pola obra Sofies verden
  • Buxtehude Bulle (1996), pola obra I et speil, i en gåte
  • Premio Arcebispo Xoán de San Clemente (1996), pola obra Sofies verden
  • Willy Brandt Prize (2004)
  • The Royal Norwegian Order of St. Olav (2005)
  • Honorary degree at Trinity College (2005)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Información sobre o autor en www.alohacriticon.com (en castelán)
  2. 2,0 2,1 "Información sobre o autor en www.aschehougagency.no". aschehougagency.no. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2010. Consultado o 23 de xullo de 2009. 
  3. Páxina oficial "The Sophie Foundation" (en inglés)
  4. Ficha sobre o autor en www.goodreads.com (en inglés)
  5. tradución galega a cargo de David A. Álvarez Martínez, publicada en 2017 por Faktoría K de Kalandraka.
  6. "Información en www.aschehougagency.no" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de setembro de 2011. Consultado o 03 de agosto de 2009.