João Miquez, coñecido como Joseph Nasi, nado en 1524 e finado en 1579, foi un cortesano xudeu na corte otomá.

Joseph Nasi
Nacemento1524 e 1520
Lugar de nacementoLisboa
Falecemento1579
Lugar de falecementoIstambul
NacionalidadeImperio Otomán e Reino de Portugal
Alma máterOld University of Leuven
Ocupaciónbanqueiro e diplomático
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado nunha familia portuguesa obrigada a converterse ao cristianismo pero que mantiña a relixión xudía, Nasi marcha en 1537 aos Países Baixos e estuda na Universidade Católica de Lovaina, e logo de se graduar entra no negocio bancario. Nasi tivo unha forte influencia nas cortes de Suleimán I e o seu fillo Selim II, nomeado Señor de Tiberiades co mandato expreso de reasentar aos xudeus alí, pero fracasou no seu intento, máis tarde foi nomeado duque de Naxos e as sete illas.