Josep Tarradellas

político catalán

Josep Tarradellas i Joan, nado en Cervelló o 19 de xaneiro de 1899 e finado en Barcelona o 10 de xuño de 1988, foi un político catalán, presidente da Generalitat de Cataluña no exilio, desde 1954 ata a restauración da Generalitat en 1980.

Infotaula de personaIlustrísimo señor Editar o valor em Wikidata
Josep Tarradellas i Joan
Biografía
Nacemento19 de xaneiro de 1899 Editar o valor em Wikidata
Cervelló
Morte10 de xuño de 1988 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Barcelona
Lugar de sepulturaCervelló Editar o valor em Wikidata
Cargos
125º Presidente da Generalitat de Cataluña
Período19541980
AntecesorJosep Irla
SucesorJordi Pujol
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid
Barcelona Editar o valor em Wikidata
OcupaciónPolítico
Partido políticoEsquerra Republicana de Catalunya
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloMarqués Editar o valor em Wikidata
CónxuxeAntònia Macià (1927–1988) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Tarradellas accedeu ao posto de secretario xeral de Esquerra Republicana de Catalunya en 1931. Tamén será deputado das cortes españolas, conselleiro de Gobernación e de Sanidade da Generalitat no goberno de Cataluña de 1931-1932 e no primeiro goberno posterior ás eleccións de 1932, durante a presidencia de Francesc Macià. Durante a guerra civil española, dentro do goberno de Cataluña (1934-1939), encárgase das carteiras de Servizos Públicos, Economía e Cultura, chegando a conselleiro primeiro en setembro de 1936.

Exiliado en Francia desde 1939, converteuse en presidente da Generalitat en 1954, logo da dimisión de Josep Irla.

Retorna a Cataluña, sendo recibido pola multitude en Barcelona. A súa frase "Ja sóc aquí" (Xa estou aquí) ficou na memoria histórica catalá e española.

Restauración da Generalitat editar

En 1977, morto xa Franco, encontrarase co presidente do Goberno de España, Adolfo Suárez, para negociar o restablecemento da Generalitat catalá.

O 29 de setembro de 1977 o presidente español derroga a lei franquista de 1938 que eliminaba as institucións catalás e restablece a Generalitat provisoria. O 17 de outubro de 1977 noméase a Tarradellas como presidente da Generalitat provisoria e a Frederic Rahola como conselleiro da Presidencia.

Tarradellas forma un goberno de concentración con doce conselleiros, coa tarefa de preparar o Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1979, que sería aprobado en referendo en novembro de 1979, para logo convocar eleccións ao Parlamento de Cataluña (1980). Após gañar as eleccións Jordi Pujol, Tarradellas retiraríase da vida política a continuación, falecendo uns anos despois, en 1988.

 
Generalitat de Cataluña

Segue a:
Josep Irla
Josep Tarradellas
Precede a:
Jordi Pujol
Presidente