Josep Maria Ganyet

Josep Maria Ganyet i Cirera, nado en Vic en 1965,[1] é un enxeñeiro informático catalán. Licenciado pola Universidade Autónoma de Barcelona en 1988,[2] especializouse en intelixencia artificial.

Infotaula de personaJosep Maria Ganyet

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ca) Josep Maria Ganyet i Cirera Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1965 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Tàrrega, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Barcelona - Licenciatura Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninformático teórico , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorRAC1
Universidade Pompeu Fabra Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua catalá, lingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Páxina webganyet.cat Editar o valor em Wikidata
Facebook: ganyet Twitter: ganyet Instagram: ganyet Flickr: ganyetr Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A finais dos anos 80 formou parte do grupo musical Víctimes de la Tos.[3] Despois, iniciou a súa carreira profesional con IBM e Deutsche Bank en deseño de interacción humana.[1] Tamén traballou en publicidade en liña para a axencia El Sindicato (posteriormente o grupo Havas) e creou o portal emocional "Hoy Me Siento".[2] En 1994, fundou a súa primeira empresa en Internet, "Ars Virtualis". É executivo en xefe e cofundador do estudio Mortensen e, participa na empresa Soundkik.[2] Paralelamente, é profesor de novos medios nos estudos de Comunicación Audiovisual da Universidade Pompeu Fabra.[2] Colabora en El món a RAC 1, La Vanguardia, VIA Empresa, Barcelona TV e a revista Cavall Fort, e é consultor de Gotomedia.[2] En, 1998, publicou o libro Interacció humana amb els ordinadors (UOC).[2]

O 5 de decembro de 2012 creou a campaña Keep Calm and Speak Catalan, baseada no coñecido cartel Keep Calm and Carry On,[4] en contra do proxecto de reforma educativa comezado polo Ministro de Educación de España, José Ignacio Wert (despois da súa frase «españolizar os estudantes cataláns»), un feito considerado pola meirande partr do arco parlamentario catalán como unha nova ameaza á educación en catalán.[5]

En febreiro de 2023 publicou o libro La democràcia mor al núvol, onde alerta sobre os perigos da espionaxe a través das novas tecnoloxías e a necesidade dunha regulación para protexer os dereitos individuais dos cidadáns.[6]

Publicacións editar

  • Interacció humana amb els ordinadors (UOC, 1998)
  • La democràcia mor al núvol (La Magrana, 2023)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Gordillo, Saül (2014). Sobirania.cat. Creat. pp. p. 188. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Ginesta, Susanna (28 de xaneiro de 2011). VilaWeb, ed. "Josep Maria Ganyet: 'La gran xarxa social és internet perquè la fan les persones'". Consultado o 3 de xullo de 2014. 
  3. SÀEZ, ANNA. Segre.com, ed. "Víctimes de la tos". Consultado o 2016-12-20. 
  4. Esclata el lema Keep calm and speak Catalan en VilaWeb
  5. Vilaweb, ed. (12 de decembro de 2012). "Els partits catalans acorden aplicar unilateralment la LEC". Consultado o 12 de decembro de 2012. 
  6. Penguin Random House Grupo Editorial, ed. (2023-02-23). "La democràcia mor al núvol" (en catalán).