Josefa Sabor

bibliotecaria

Josefa Emilia Sabor, nada en Vilanova de Arousa o 23 de novembro de 1916 e finada en Buenos Aires o 11 de xaneiro de 2012, foi unha bibliotecaria e docente arxentina de ascendencia galega.

Infotaula de personaJosefa Sabor

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de novembro de 1916 Editar o valor em Wikidata
Vilanova de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de xaneiro de 2012 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Buenos Aires Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBibliotecoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbibliotecaria , historiadora , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorFacultad de Filosofía y Letras de la Universidad de Buenos Aires (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsMaría Ángeles Sabor Riera e Celina Sabor Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Josefa Sabor era filla de Francisco Sabor e Carmen Riera. A súa familia trasladouse a Buenos Aires en 1918. Nacionalizouse arxentina en 1937.[1] Foi irmá de Celina Sabor de Cortazar e de María Ángeles Sabor Riera[2] e cuñada de Augusto Raúl Cortázar.

Fixo os seus estudos na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Buenos Aires, onde se converteu en profesora de Historia e bibliotecaria.[1] Por medio dunha bolsa da UNESCO, realizou viaxes de estudo por España, Francia, Italia, Alemaña e o Brasil entre os anos 1958 e 1959. Posteriormente, en 1963, recibiu unha bolsa do Departamento de Educación e Cultura dos Estados Unidos para estudar as técnicas de ensino en dez universidades dese país.

Desempeñouse como directora do Instituto de Bibliografía e Biblioteconomía da Universidade de Buenos Aires (1943-1946), da Biblioteca do Museo de Ciencias Naturais da Arxentina (1948-1952) da Biblioteca Central da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Buenos Aires (1955-1964) como fundadora e primeira directora do Instituto de Investigacións Bibliotecolóxicas INIBI da Facultade de Filosofía e Letras, UBA (1967-1973), da biblioteca e do Departamento de Publicacións do Interamerican Living Center de Bogotá, para a Organización de Estados Americanos e como experta da UNESCO en temas de asesoramento de bibliotecas.

Publicou diversos artigos en revistas especializadas da área da Biblioteconomía.[3]

Obras editar

  • Manual de Fuentes de Información (1957)
  • Bibliografía Básica de Obras de Referencia de Artes y Letras para la Argentina (1969)
  • Métodos para enseñar Biblioteconomía (1969)
  • Las normas y conclusiones de Medellín y la formación de bibliotecarios en América Latina (1974)
  • El Planeamiento Bibliotecario a través de los Congresos y Reuniones celebradas en América Latina (1974)
  • Desarrollo del Planeamiento Bibliotecario en América Latina (1975)[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Facultade de Biblioteconomía e Documentación da Universidade de Granada. "Biografía de Josefa Emilia Sabor". Mujeres documentalistas (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2019. 
  2. Parada, Alejandro E. (abril de 1998). "Entrevista a María Ängeles Sabor Riera". Boletín de la Sociedad de Estudios Bibliográficos Argentinos (5): 163–170. 
  3. "Josefa Emilia Sabor - Citas de Google Académico". Google Académico. Consultado o 21 de febreiro 2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar