José Tenreiro López
sindicalista galego
José Tenreiro López, nado cara a 1886 e finado en Ferrol o 16 de marzo de 1937, foi un sindicalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1886 Galicia, España |
Morte | 16 de marzo de 1937 (50/51 anos) Ferrol, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Manuel Tenreiro Mosquera |
Traxectoria editar
Pintor. Militante do PSOE, foi elixido concelleiro de Miño en 1931, e segundo tenente de alcalde na sesión constitutiva da corporación de principios de decembro dese ano presidida polo alcalde Rodrigo González Martínez.[1] Foi presidente da Sociedade de Agricultores e Oficios Varios de Leiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi fusilado no Castelo de San Filipe de Ferrol o 16 de marzo de 1937.
Vida persoal editar
Foi pai de Manuel Tenreiro Mosquera, que tamén foi fusilado.
Notas editar
- ↑ La Voz de Galicia, 5-12-1931, p. 8.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
José Tenreiro López na páxina web Nomes e Voces.