José Sieira González
José Ramón Sieira González, coñecido como O Riaso, nado en Porto do Son en 1899 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xaneiro de 1937, foi un mariñeiro e sindicalista galego.
Biografía | |
---|---|
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Mariñeiro residente en Ribeira. Afiliado ao Sindicato Xeral de Traballadores de Ribeira da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela por rebelión militar o 21 de decembro con Julio Silva Vilas, Manuel Fernández Sendón, Eugenio Rodríguez Bilbao e José Lijó Louro,[1] foi condenado a pena de morte. Foi executado no cemiterio de Boisaca de Compostela o 29 de xaneiro de 1937.[2]
Notas editar
- ↑ El Eco de Santiago, 21-12-1936, p. 2.
- ↑ El Eco de Santiago, 29-1-1937, p. 2.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- José Sieira González na páxina web Nomes e Voces.