José Sendón Sendón
político galego
José Sendón Sendón, nado en Carnota cara a 1913 e finado no mesmo concello en abril de 2000, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1913 Carnota, España |
Morte | abril de 2000 (86/87 anos) Carnota, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria editar
Mariñeiro, veciño de Muros en 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse. A policía franquista sinalouno como un dos fuxidos na evasión dos bous Santa Eulalia e Santa Rosa.[1][2] Foi xulgado na Coruña por rebelión militar e declarado en rebeldía. Estivo fuxido no Monte Pindo durante 10 anos. Logo da morte de Franco foi presidente do comité local do PSdeG-PSOE de Carnota. Recibiu unha homenaxe do PSdeG-PSOE en xullo de 1993.[3] Finou en Carnota en abril de 2000.[4]
Notas editar
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- José Sendón Sendón na páxina web Nomes e Voces.