José Santos Zelaya

político nicaraguano

José Santos Zelaya López, nado en Managua o 1 de novembro de 1853 e finado en Nova York o 17 de maio de 1919, foi un político nicaraguano, presidente do seu país entre 1893 e 1909. Era membro do Partido Liberal vinculado coa política progresista aínda que non libre de ambicións persoais. Realizou importantes reformas públicas no campo da educación e as infraestruturas, e recoñéceselle como o construtor do Estado nicaraguano actual.

Infotaula de personaJosé Santos Zelaya

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) José Santos Zelaya López Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1853 Editar o valor em Wikidata
Managua, Nicaragua Editar o valor em Wikidata
Morte17 de maio de 1919 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaManagua Editar o valor em Wikidata
Presidente de Nicaragua
25 de xullo de 1893 – 21 de decembro de 1909
← Joaquín Zavala (en) TraducirJosé Madriz (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNicaragua Editar o valor em Wikidata
EducaciónLycée Hoche (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoLiberalismo Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
Premios

A Revolución Liberal de 1893 editar

O día 11 de xullo de 1893, na cidade de León, sublévase apoiado por Anastacio Ortiz. Descoñécese a xunta de goberno de don Joaquín Zavala Solís e fórmase outra integrada polo Xeneral José Santos Zelaya López, Francisco Baca, Anastasio Ortiz e Pedro Balladares. Entran á capital Managua derrotando aos exércitos conservadores o 25 de xullo e entrando a esta ese mesmo día pola Rúa do Triunfo aínda existente.

O seu goberno editar

En 1894 tomou pola forza a Costa dos Mosquitos, unha disputada rexión baixo protectorado británico. A lonxanía do territorio permitiu que o Reino Unido, non querendo embarcarse nunha aventura colonial tan afastada e de tan pouco valor, recoñecese a soberanía nicaraguana.

En 1902 foi reelixido Presidente. A posibilidade de construír un canle a través do istmo de Centroamérica era unha cuestión controvertida desde tempo atrás. Cando os Estados Unidos decidiu facelo en territorio panameño, Zelaya intentou chegar a un acordo con Alemaña e o Xapón para que construísen o proxecto en Nicaragua.

A súa xestión gobernamental provocou gran desenvolvemento no país de Nicaragua. Modernizou ao Estado introducindo modernas leis, creou novas institucións, promulgou códigos, regulamentos, introduciu o Habeas Corpus. O Xeneral Zelaya converteu a Nicaragua na máis próspera e rica nación de Centroamérica. Instaurou a educación gratuíta e obrigatoria, construíu escolas, trouxo os correos, vapores, o ferrocarril, telégrafos, estradas, entre moitos avances máis.

Era partidario da creación duns Estados Unidos de América Central, o que lle levou a apoiar a outros partidos liberais de distintos países centroamericanos que puidesen defender o mesmo proxecto, e a promover diversas conferencias unionistas centroamericanos, especialmente os cumes presidenciais celebradas en Corinto e o Pacto de Corinto.

A administración de Zelaya mantivo tensas relacións e desacordos cos Estados Unidos, o que levou a este a dar axuda aos opositores conservadores de Zelaya en Nicaragua. En 1907, buques de guerra estadounidenses ocuparon diversos portos de Nicaragua. A situación chego ao momento de existir un conflito interno entre os liberais nicaraguanos por unha banda, e os conservadores e os Estados Unidos por outro (que os financiaba). En 1909 algúns mercenarios norteamericanos foron capturados e executados polo goberno de Zelaya, o que serviu para que os Estados Unidos considerase a acción como unha provocación para a guerra, e derrocamento ilegal de Zelaya por medio da Nota Knox, do secretario de Estado de Estados Unidos, Philander Chase Knox.

Derrocamento e morte editar

A principios de decembro, infantes de mariña estadounidenses ocuparon diversos puntos da costa caribeña nicaraguana. O 17 de decembro de 1909 Zelaya viuse obrigado a dimitir, exiliándose en México para terminar en Nova York, onde morreu anos despois. En Nicaragua estableceuse un goberno favorable aos Estados Unidos baixo a presidencia de José Madriz Rodríguez. Mentres tanto, os militares estadounidenses permaneceron ilegalmente e represivamente no país ata 1933,

A súa efigie aparece nos billetes de 20 córdobas desde 1997 ata hoxe día, cando era presidente Arnoldo Alemán Lacayo liberal do mesmo xeito que Zelaya.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Biografía en www.manfut.org (en castelán).