José Salgado Codesido
José Salgado Codesido, nado en Melide en 1887 e finado en Grobas en 1954, foi un médico e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1887 Melide, España |
Morte | 1954 (66/67 anos) Grobas, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | médico , político |
Familia | |
Irmáns | Manuel Salgado Codesido |
Traxectoria editar
Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela licenciándose en 1910.[1] Foi médico municipal de Melide.[2] Propietario de varios muíños eléctricos na parroquia de Branzá e do salto hidroeléctrico Montefurado en Viñós. Na ditadura de Primo de Rivera foi membro da Unión Patriótica e deputado provincial dende 1926.[3] En 1930 foi elixido vogal da Cámara da Propiedade Rústica da provincia da Coruña.[4] Na República foi dirixente da Unión Regional de Derechas de Melide, da que era presidente en xaneiro de 1936.[5] A principios de xullo de 1936 foi vítima dun atentado, ao estalar unha bomba na súa casa de Grobas, sen que se producise ningún ferido.[6] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 trasladouse a Viana do Castelo, onde agardou acontecementos, regresando a Arzúa en 1937.
Vida persoal editar
Casou con Manuela Rodríguez Cotón, que finou en 1937, e foi pai de Pilar, José, Concepción, Leandro e Manuel Salgado Rodríguez.[7]
Notas editar
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Cascón Rodríguez, Armando F. (2005). Arzúa na memoria. Espello histórico dunha terra. Deputación da Coruña. pp. 102–103. ISBN 84-9812-018-7.
- Lanero Táboas, Daniel (2008). "Unha aproximación á conformación dos poderes locais en Galicia. Arzúa entre a II República e a protoinstitucionalización do réxime franquista (1931-1937)" (PDF). En Universidade de Santiago de Compostela. A patria enteira. Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández. Santiago de Compostela. pp. 171–194. ISBN 978-84-9887-000-8.