José Rivera Losada

guerrilleiro antifranquista galego

José Rivera Losada, nado en Ourense cara a 1918 e finado en Barbadás o 8 de maio de 1943, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaJosé Rivera Losada
Biografía
Nacemento1918 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de maio de 1943 Editar o valor em Wikidata (24/25 anos)
Barbadás, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Veciño de Ourense. Procesado na Causa 580/1942 de Ourense xunto con Josefa Augusto Rodríguez, José Cabalar Rodríguez e Andrés Rodríguez Pérez. Desertou do Cuartel de San Francisco en Ourense con José Cabalar Rodríguez o 5 de abril de 1943. Acusados de atracos en Ramirás e Barbadás, foron perseguidos e abatidos pola Garda Civil de Celanova o 8 de maio de 1943.[1]

Notas editar

  1. El Correo Gallego, 13-5-1943, p. 3.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar