José Rivas Fontán
José Rivas Fontán ou Pepe Rivas, nado en Verducido (Pontevedra, daquela pertencente ao concello de Xeve) o 31 de agosto de 1941, é un político galego. Foi alcalde de Pontevedra dende 1979 ata 1991.
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de agosto de 1941 (82 anos) Xeve, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
5 de abril de 2000 – 20 de xaneiro de 2004 Lexislatura: VII lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electo en: Eleccións Xerais 2000 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
27 de marzo de 1996 – 18 de xaneiro de 2000 Lexislatura: VI lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electo en: Eleccións Xerais 1996 en España | |
Alcalde de Pontevedra | |
19 de abril de 1979 – 15 de xuño de 1991 | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
13 de xullo de 1977 – 2 de xaneiro de 1979 Lexislatura: Lexislatura Constituínte de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electo en: Eleccións Xerais 1977 en España | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Lugar de traballo | Pontevedra Madrid |
Ocupación | político |
Partido político | Unión de Centro Democrático |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Traxectoria política editar
Nas eleccións xerais de 1979 foi elixido deputado por Pontevedra nas Cortes Constituíntes, formando parte da candidatura de UCD. Formou parte do Consello Político de UCD. Tamén participou na Xunta Preautonómica como Secretario Xeral en 1978. Foi Secretario da Asemblea Parlamentaria de Galicia e Secretario da Comisión dos 16 para a redacción do Estatuto de Galicia.
Nas primeiras eleccións municipais democráticas encabezou a candidatura de UCD e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1983 presentouse por AP e conseguiu 17 escanos dos 25, obtendo o 56,90% dos votos fronte ao 26,45% dos socialistas. Pepe Rivas presentouse nas municipais de 1987 con Independentes de Galicia e conseguiu en total 10 escanos e o 33,37% dos votos, fronte ao 22,86% do PSdeG-PSOE, ao 20,53% de Alianza Popular, ao 7,96% de CDS e ao 5,1% do BNG. Non acadou ningún acordo, nin cos populares nin con outro partido ao longo dos tres mandatos. Sempre saíu elixido como a lista máis votada.
Nas eleccións xerais de 1996 foi elixido deputado ao Congreso polo PP e volveu ser elixido nas xerais de 2000.
Predecesor: Joaquín Queizán Taboada |
Alcalde de Pontevedra 1979 - 1991 |
Sucesor: Francisco Javier Cobián Salgado |
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Rodríguez, A. (2016). Solo Rivas Fontán. Memorias de un político lejos del rebaño. Lugo: Alvarellos Editora. ISBN 978-84-16460-07-6
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
- Ficha no Congreso dos Deputados Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine.