José Ramón Suárez
José Ramón Suárez foi un carpinteiro, sindicalista e anarquista galego.
Biografía | |
---|---|
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Ideoloxía política | Anarquismo |
Actividade | |
Ocupación | carpinteiro , sindicalista |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Carpinteiro de profesión e aveciñado na Coruña, foi directivo da Federación Local Obrera nos anos vinte. En 1919 foi deportado a Baltanás polo paro xeral en solidariedade coa folga de La Canadiense. Logo da caída da ditadura de Primo de Rivera tomou parte na campaña pro-amnistía artellada pola CNT galega e diversos grupos republicanos e en 1930, cando comezou a se reorganizar a Confederación Rexional Galaica, foi elixido secretario. Ao ano seguinte foi substituído no cargo por José Villaverde Velo.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). Positivas, ed. O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela. p. 251. ISBN 84-87783-79-1.