José Ramón Lamelo

futbolista español

José Ramón Lamelo Pérez, nado en Monforte de Lemos o 25 de abril de 1942, é un exfutbolista galego e exadestrador galego. Xogaba de dianteiro.

José Ramón Lamelo
Información persoal
Nome José Ramón Lamelo Pérez
Nacemento 25 de abril de 1942
Lugar de nacemento Monforte de Lemos
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Español SD
1959–1960 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1960–1968 Deportivo da Coruña 52 (14)
1961–1963Racing de Ferrol (cedido)
Adestrador
1975–1976 Cultural Leonesa
1976–1977 Lugo
1977 Lugo
1977–1979 Cacereño
1979–1980 Lugo
1980–1981 Tenerife
1983–1984 Mensajero
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Tras xogar no Español SD da Coruña asinou co Deportivo en setembro de 1959, con 17 anos, xunto ao seu compañeiro do Español, Guillermo.[1] Debutou co primeiro equipo en Segunda División o 18 de setembro de 1960, no partido da segunda xornada fronte ao Salamanca en Riazor, anotando un dos tres goles do seu equipo (3-2). Disputou un total de 12 partidos esa tempada. Na tempada 1961/62 marchou cedido ao Racing de Ferrol, de novo xunto a Guillermo.

Tras dous anos en Ferrol volveu ao Deportivo no verán de 1963, facéndose cun posto de titular. Anotou 14 goles durante a tempada, na que o Deportivo se proclamou campión da Segunda División. Na 1964/65 debutou en Primeira División, aínda que participou tan só en 6 partidos, sen marcar ningún gol. Os seus números foron semellantes nas seguintes tempadas, nas que o Deportivo descendeu e ascendeu varias veces. Permaneceu no club até xuño de 1968, dedicándose dende entón á súa tinturaría na Coruña.[2][3]

Palmarés editar

Deportivo

Notas editar

  1. "José Ramón Lamelo, delantero centro juvenil, firmó ayer por el Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de setembro de 1959. p. 5. 
  2. "Lamelo, en libertad". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de xuño de 1968. p. 10. 
  3. "Dos ex-deportivistas". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 1 de outubro de 1968. p. 22. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar