José Quintas Pena
José Quintas Pena, nado na Coruña o 26 de marzo de 1905 e finado na mesma cidade o 9 de agosto de 1936, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de marzo de 1905 A Coruña, España |
Morte | 9 de agosto de 1936 (31 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | electricista , sindicalista |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Lingua | Lingua galega |
Traxectoria editar
Electricista. Foi elixido vicesecretario da directiva do Orfeón El Eco en 1929.[1] Militante da UGT e membro da Agrupación Socialista da Coruña, na que ocupou cargos directivos.[2] Foi administrador de Acción Socialista.[3] Foi apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936. Delegado provincial do PSOE, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido canda outros dirixentes sindicais pola continuación da folga xeral. Acusado dos delitos de desobediencia e incumprimento dos bandos de guerra, foi executado no Campo da Rata da Coruña o 9 de agosto canda Cipriano Alvite Alonso, Jaime Rodríguez García, Francisco Ballón Pequeño, Venancio Seoane García e Julio Sabio Sanmartín.[4]
Notas editar
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- A represión franquista na comarca da Coruña. Vidas na memoria. A Coruña: Laiovento. 2011. p. 179. ISBN 978-84-8487-288-7.
Ligazóns externas editar
- José Quintas Pena na páxina web Nomes e Voces.