José Peñarredonda Fernández

militar e político galego

José Peñarredonda Fernández, nado o 27 de outubro de 1893,[1] foi un militar e político galego.

Infotaula de personaJosé Peñarredonda Fernández

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de outubro de 1893 Editar o valor em Wikidata (130 anos)
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsRamón Peñarredonda Fernández Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Ingresou no Exército en 1911. Capitán de infantaría. Na ditadura de Primo de Rivera foi presidente da Unión Patriótica de Tui. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Tui o 26 de xullo, permanecendo no cargo até o 26 de outubro de 1936. Participou na guerra ao mando da 3º Compañía da Bandeira Franco da Lexión estranxeira. Foi ascendido a comandante en febreiro de 1937[2] e estivo ao mando da IX Bandeira do Terceiro Terzo da Lexión. No mes de xullo de 1937 a Bandeira do Terzo que mandaba Peñarredonda fixo un desfile polo centro de Teruel no que "llevaba enarbolados en la punta de sus bayonetas, piernas, brazos, orejas, testículos y otros restos de un centenar de rojos hechos prisioneros en Bezas y que previamente dejados en pelota fueron fusilados con ametralladora en la plaza del pueblo...", actuación que foi protestada polo bispo.[3][4] Durante a batalla do Ebro era xefe dunha das brigadas da 50 División que foi desbordada e en parte aniquilada polo exército republicano. Como consecuencia foi expedientado. Foi separado do exército en setembro de 1938.[5]


Predecesor:
Guillermo Vicente Santiago
  
Alcalde de Tui
 
1936
Sucesor:
Manuel Cordovés Millet

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Añoveros Trías de Bes, Xabier; Martínez Gamallo, Loli (2007). Los alcaldes de Tui del siglo XX. Historia de la ciudad a través de los plenos municipales. Pontevedra: Deputación. ISBN 978-84-612-2481-4.