José Pérez Porto
xurista e político galego
José Pérez Porto, nado na Coruña o 31 de agosto de 1853 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1930, foi un xurista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de agosto de 1853 A Coruña, España |
Morte | 2 de maio de 1930 (76 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Estudou o Bacharelato na Coruña e Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1874. Foi maxistrado e notario da Coruña, foi deputado a Cortes polo distrito de Chantada (1903-1905 e 1914). Defensor do dereito foral galego, a súa obra está baseada nos testemuños recollidos das sentenzas xudiciais dos tribunais galegos.
Obras editar
- Ponencia sobre foros, 1899.
- El derecho foral de Galicia, 1915
- Proyecto de Apéndice al Código civil aprobado por la Comisión especial del Derecho foral de Galicia, 1915.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 31 de outubro de 2020 en Wayback Machine.
- Ficha en galegos.info
- Sobre a Rúa Pérez Porto na Coruña