José Montouto Rodríguez
José María Montouto Rodríguez, nado en Donsión (Lalín) en 1890 e finado en Tenorio (Cerdedo-Cotobade) o 9 de novembro de 1936, foi un obreiro e sindicalista galego.
Biografía | |
---|---|
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Participou na fundación da sociedade obreira de Ponte-Nova (Donsión), da que foi elixido vicetesoureiro en 1931.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 9 de setembro, permanecendo na Prisión de Lalín ata que o 4 de novembro foi trasladado á illa de San Simón, de onde o sacaron o 9 de novembro de 1936 xunto a outros dez de Lalín e Arbo, para asasinalos na Volta do Couto, na parroquia de Tenorio (Concello de Cotobade). A súa muller inscribiu a “desaparición” no Rexistro civil de Lalín en 1943.
Vida persoal editar
Casou con Rosa Abeledo e tivo oito fillos.
Notas editar
- ↑ El Pueblo Gallego, 23-4-1931, p. 9.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Igrexas, Manuel: "A masacre dos líderes obreiros en Tenorio" (30/8/2012) en Historias de Deza.
Ligazóns externas editar
- José Montouto Rodríguez na páxina web Nomes e Voces.