José Miguel Alonso Pumar
José Miguel Alonso Pumar, nado en Cariño en 1976,[1] é un político galego do PSG-PSOE, exalcalde de Cariño.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1976 (47/48 anos) Cariño, España |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , psicólogo |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Licenciado en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Residencias e Atención ás Persoas Maiores pola Universidade da Coruña.
Afiliado ao PSdeG-PSOE dende 2005, formou parte da candidatura socialista ás eleccións autonómicas 2012.[2] Foi responsable de Medio Ambiente na Executiva Provincial Socialista da Coruña (2012-2014), Vicesecretario Xeral de Coordinación Institucional no mesmo órgano (2018-2022) e actualmente é membro da Executiva Nacional Galega do PSdeG obstentando responsabilidades dentro da Área de Política Municipal. Formou parte do Comité Nacional Galego do PSdeG-PSOE no período 2012-2020.
Nas eleccións municipais de 2015 encabezou por primeira vez a candidatura do PSdeG á alcaldía de Cariño, sendo a lista máis votada e foi elixido alcalde por maioría simple. Nas municipais de 2019 revalidou o cargo con maioría absoluta, desta volta acadando 7 concelleiros. dun total de 11, o que supón o mellor resultado histórico do PSdeG en Cariño.[3][4] En novembro de 2019 foi proposto polo PSdeG-PSOE como membro da executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias para o período 2019-2023, ocupando o cargo de voceiro.[5]
Notas editar
- ↑ «O PSOE espera gobernar en Cariño, Ortigueira e Cerdido»
- ↑ Press, Europa (2012-09-16). "21-O.- Caamaño (PSdeG) advierte de que Feijóo tiene "ideas peligrosas" para los gallegos y que suponen "ir para atrás"". www.europapress.es. Consultado o 2020-08-10.
- ↑ "Alonso Pumar consigue la mayoría absoluta en Cariño". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-05-27. Consultado o 2020-08-10.
- ↑ Concello de Cariño na FEGAMP
- ↑ "Estrutura de representantes". www.fegamp.gal. Consultado o 2020-08-10.
Véxase tamén editar
Outros artigos editar
Predecesor: Purificación Seixido Gómez |
Alcalde de Cariño 2015 - 2023 |
Sucesor: Ana María López Fernández |