José María Fuentes

estudante galego
(Redirección desde «José María Fuentes Fernández»)

José María Fuentes Fernández, coñecido como Chema Fuentes, nado en Outes cara a 1952 e finado en Santiago de Compostela o 4 de decembro de 1972, foi un estudante galego.

Infotaula de personaJosé María Fuentes
Biografía
Nacemento1952 Editar o valor em Wikidata
Outes, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de decembro de 1972 Editar o valor em Wikidata (19/20 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónestudante Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo do médico Fernando Fuentes Rolao e de Fanny Fernández Hermoso. Fixo o bacharelato no colexio La Salle. Estudante de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, o sábado 4 de decembro de 1972 saíu a cear en Compostela cos compañeiros de facultade, e despois foron a roldar como membros da tuna a unhas compañeiras que vivían nunha residencia na rúa Doutor Teijeiro, preto da clínica Álvarez. O subinspector da policía nacional de paisano José María Quiroga Bouzo disparoulle de socato e polas costas, e faleceu practicamente no acto. A versión oficial afirmaba que os axentes da policía nacional perseguían uns ladróns, dispararon ao aire e un dos tiros alcanzou accidentalmente a José María Fuentes.[1] Logo da súa morte houbo mobilizacións na universidade, cortes de tráfico, cócteles molotov, pechouse a universidade e a presión social obrigou a que se recoñecesen os feitos.[2] O seu entierro en Outes constituíu unha manifestación multitudinaria.[3]

O policía autor da morte foi trasladado a Ourense, pero a instancias do Xulgado de Instrución de Santiago de Compostela foi detido tres días despois e quedou retido nos calabozos da comisaría. Foi acusado de asasinato con aleivosía e xulgado na Audiencia Provincial da Coruña o 3 de xullo de 1973 con presenza de correspodentes de prensa estranxeiros.[4] Foi considerado culpable dun delito de homicidio coa agravante de abuso de superioridade pola súa condición de membro das forzas de orden e por portar un arma; cualificandose a súa acción como “un exceso de celo no exercicio das súas funcións” ao considerar que “non se requiría o uso da forza” e moito menos o emprego “da arma reglamentaria” que portaba. Foi condenado a 17 anos, 4 meses e 1 día de cadea e a indemnizar á familia da vítima con 700 000 pesetas, que tivo que desembolsar o Goberno franquista pois os xuíces consideraron ao Estado responsable civil subsidiario.[5]

Notas editar

  1. "Nota del Gobierno civil sobre la muerte de un joven por un disparo, en Santiago", La Voz de Galicia, 5-12-1972, p. 13.
  2. "Ayer no hubo clases en la mayor parte de las facultades de Santiago", La Voz de Galicia, 7-12-1972, p. 19.
  3. "Gran manifestación de duelo en el sepelio del estudiante don José María Fuentes", La Voz de Galicia, 6-12-1972, p. 22.
  4. "El día 3 de julio se celebrará el juicio por la muerte de un estudiante en Santiago", La Voz de Galicia, 13-6-1973, p. 4.
  5. "Diecisite años de reclusión para el autor de la muerte de un estudiante, en Santiago", La Voz de Galicia, 12-7-1973, p. 17.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar