José María Figueres

político costarriqueño

José María Figueres Olsen, nado en San Xosé o 24 de decembro de 1954, é un empresario e político costarriqueño, experto internacional en Desenvolvemento Sustentábel e Tecnoloxía. Foi Presidente de Costa Rica de 1994 a 1998, ministro de Comercio Exterior de 1986 a 1988, e ministro de Agricultura e Gandería de 1988 a 1990.

José María Figueres
Presidente da Costa Rica
Período8 de maio de 1994 - 8 de maio de 1998
AntecesorRafael Ángel Calderón Fournier
SucesorMiguel Ángel Rodríguez
Datos persoais
Nacemento24 de decembro de 1954
 San Xosé
OrganizaciónPartido Liberación Nacional - PLN
PaiJosé Figueres Ferrer
NaiKaren Olsen Beck
CónxuxeJosette Altman
Alma máterAcademia Militar dos Estados Unidos e John F. Kennedy School of Government
Profesiónenxeñeiro e político
Relixióncatolicismo
editar datos en Wikidata ]

Experiencia Política editar

En 1986, o entón presidente (1986-1990) e Premio Nobel da Paz de 1987, Óscar Arias, designou a Figueres a misión de modernizar o debilitado INCOFER (Instituto Costarriqueño de Ferrocarrís). Pouco tempo despois tras cumprir co seu cometido, foi nomeado ministro no Goberno Arias, primeiro de Comercio Exterior e logo de Agricultura. Unha vez concluído o seu período no Goberno, Figueres seguiu os seus estudos académicos na Escola de Goberno John F. Kennedy]] da Universidade Harvard, graduándose en 1991 cun mestrado en Administración Pública.

Ao seu regreso a Costa Rica, Figueres anuncia a súa intención de concorrer á presidência polo seu partido, o Partido Liberación Nacional (PLN). Tras unhas primarias acaloradas e moi disputadas con cinco pre-candidatos, Figueres conseguiu a indicación como candidato o 1993, e gañou as eleccións nacionais en febreiro de 1994. Con 39 anos de idade, José María Figueres Olsen foi elixido Presidente de Costa Rica por un mandato de catro anos, converténdose no presidente máis novo do país no século XX.

Presidencia editar

O Presidente Figueres promoveu o Desenvolvemento Sustentábel como marco principal para as accións do seu Goberno. Este programa estaba baseado en tres alicerces: en primeiro lugar, transformar a economía costarriqueña cara a unha maior produtividade, con especial énfase na tecnoloxía. Segundo, que a sociedade costarriqueña expresase unha maior solidariedade, creando oportunidades para o benestar común. E, en terceiro lugar, que a sociedade desenvolvésese en harmonía coa natureza (do libro de Leonardo Garnier, "Gobernando en Tempos de Cambio: Administración Figueres Olsen"). A súa administración é recoñecida por traballar para avanzar e promover unha maior integración de Costa Rica na economía globalizada.

Críticas editar

Para algúns, o mandato do Presidente Figueres foi controvertido. As principais críticas son:

  • Renunciou aos valores social-demócratas do seu partido a favor de políticas máis liberais.
  • Pechou o máis antigo banco estatal, o Banco Anglo Costarriqueño, e abriu o monopolio estatal de contas correntes que se remontaba a 1948.
  • Pechou o Sistema Nacional de Ferrocarrís (INCOFER), e reformou moitas institucións gobernamentais, causando a perda de postos de traballo.
  • Reformou o sistema especial de pensións dos profesores, resultando na folga máis longa na historia do país por parte dos afectados.
  • A Política Exterior estivo fortemente aliñada cos intereses de Centroamérica.
Presidente de Costa Rica

Segue a:
Rafael Ángel Calderón Fournier
José María Figueres
Precede a:
Miguel Ángel Rodríguez
Partido Liberación Nacional - PLN