José Luis Pérez Estévez
político galego
José Luis Pérez Estévez, nado en Marcón o 26 de outubro de 1952, é un político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de outubro de 1952 (71 anos) Pontevedra, España |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Meis |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Delineante de profesión. Foi tenente de alcalde do concello de Meis polo PPdeG entre 1995 e 1999. Presentouse ás eleccións municipais de 1999 encabezando a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta.
Nas eleccións municipais de 2019 perdeu a alcaldía en favor de Marta Giráldez Barral do PSdeG.[1]
Predecesor: Jorge Casal Pintos |
Alcalde de Meis 1999 - 2019 |
Sucesor: Marta Giráldez Barral |