José Luis Bouzas Fernández

mestre e político galego

José Luis Bouzas Fernández, nado en Allariz cara a 1906 e finado en Pentes (A Gudiña) o 1 de setembro de 1936, foi un mestre e político galego.

Infotaula de personaJosé Luis Bouzas Fernández
Biografía
Nacemento1906 Editar o valor em Wikidata
Allariz, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (29/30 anos)
Pentes, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi alumno de Vicente Risco na Escola Normal de Ourense. Foi animador de actividades culturais e deportivas en Allariz. Colaborou en Heraldo de Galicia. Mestre na escola de Flariz, estaba afiliado á Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense (ATEO) e era secretario do Partido Galeguista de Monterrei. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, paseado e queimado vivo en Poula de Martiño (Pentes, A Gudiña) o 1 de setembro de 1936.[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar