José Luis Borbolla
José Luis Borbolla Chavira, nado en Cidade de México o 31 de xaneiro de 1920 e finado na mesma cidade o 11 de febreiro de 2001, foi un futbolista mexicano. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección mexicana.
José Luis Borbolla | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | José Luis Borbolla Chavira | ||
Nacemento | 31 de xaneiro de 1920 | ||
Lugar de nacemento | Cidade de México | ||
Falecemento | 11 de febreiro de 2001 | ||
Lugar de falecemento | Cidade de México | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1940–1944 | Marte | ||
1944–1945 | Real Madrid | 1 | (0) |
1945 | → Deportivo (cedido) | 10 | (4) |
1945–1946 | Asturias | ||
1946–1947 | Celta de Vigo | 11 | (3) |
1947–1948 | España | ||
1948–1949 | Veracruz | 11 | (3) |
1949–1950 | América | ||
Selección nacional | |||
1950 | México | 3 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Empezou a súa careirra no Club de Fútbol Asturias, para continuar xogando no Real Club España e o Club Deportivo Marte, todos eles de México. Posteriormente pasou a xogar na Primeira División de España, sendo o primeiro estranxeiro en facelo unha vez finalizada a guerra civil.
En España xogou no Deportivo da Coruña, Real Madrid e Celta de Vigo. Tras o seu paso por España regresou a México, onde xogou en Tiburones Rojos de Veracruz e Club América, club onde se retirou e ao que adestrou durante unha temporada.
Tras o seu retiro do mundo do fútbol conertiuse nun empresario do sector téxtil.
Selección nacional editar
José Luis Borbolla foi internacional con México no mundial do Brasil de 1950, no encontro contra Suíza.