José Losada Ferreiro

político galego

José Losada Ferreiro, coñecido como Pepe do Café, nado no Saviñao cara a 1893, foi un político galego.

Infotaula de personaJosé Losada Ferreiro
Biografía
Nacemento1893 Editar o valor em Wikidata (130/131 anos)
O Saviñao, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde do Saviñao
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsAntonio Losada Ferreiro Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Propietario do Café Central de Escairón. Presidente Agrupación Republicana do Saviñao en 1931, foi concelleiro en abril e elixido alcalde do Saviñao.[1] Foi cesado en maio de 1932 e procesado por desacato á autoridade.[2] Xulgado en Lugo en xuño de 1933, o fiscal retirou a acusación.[3] En 1934 era o presidente da Agrupación Socialista. En marzo de 1936 foi elixido alcalde do Saviñao. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu fuxido e foi detido o 26 de marzo de 1939. Ingresou en prisión e foi xulgado por auxilio á rebelión e condenado a 12 anos e un día de prisión, aínda que saíu en liberdade en 1940. Foi novamente detido en 1947 por axudar ao guerrilleiro Xosé Castro Veiga, O Piloto, a recrutar algúns mozos da zona para integrar a súa partida e xulgado por un delito de "auxilio a malhechores".


Predecesor:
José Benito Somoza Álvarez
  
Alcalde do Saviñao
 
1931 - 1932
Sucesor:
Justino Rodríguez Rigueira
Predecesor:
Justino Rodríguez Rigueira
  
Alcalde do Saviñao
 
1936
Sucesor:
Francisco Patiño Díaz

Vida persoal editar

Casou con Luciana López Alonso en 1930.[4]

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 25-11-1931, p. 5.
  2. El Pueblo Gallego, 13-5-1932, p. 8.
  3. El Pueblo Gallego, 18-6-1933, p. 10.
  4. El Pueblo Gallego, 4-5-1930, p. 8.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar