José Julio Rodríguez Fernández

José Julio Rodríguez Fernández, nado en Ourense o 8 de xuño de 1948, é un militar e político galego, ex XEMAD de España.

José Julio Rodríguez Fernández
Xeneral do Aire Rodríguez.
Nome completoJosé Julio Rodríguez Fernández
NacementoOurense, 8 de xuño de 1948.
ServizoExército do Aire de España dende 1969.
Como XEMAD entre 2008 e 2011.
RangoXeneral do Aire.
UnidadeEstado Maior da Defensa.
MandosEstado Maior da Defensa.
Batallas/GuerrasNingunha.
Distincións4 Cruces da R. e M. Orde de S. Hermenegildo
4 do mérito aeronáutico con distintivo branco.


Traxectoria editar

Ingresou nas Forzas Armadas de España en 1969 e ascendeu ata chegar ao posto de xeneral do aire.

O 18 de xullo de 2008 foi nomeado Xefe do Estado Maior da Defensa de España,[1] o posto militar español de maior capacidade executiva por debaixo do Rei. Antes de que pasaran catro meses, o 9 de novembro dese mesmo ano, desprazouse, xunto coa Ministra de Defensa a Afganistán, a xunta dos militares españois que se atopaban alí de misión, moitos deles galegos (procedentes da base do Exército de Terra español en Pontevedra) a recoller os restos de dous falecidos nun atentado.

Logo da vitoria electoral do Partido Popular en 2011, foi destituído o 30 de decembro dese ano. En 2015 presentouse ás eleccións xerais na candidatura de Podemos pola circunscrición de Zaragoza.

Galería de imaxes editar

Predecesor:
Félix Sanz Roldán
 
Xefe do Estado Maior da Defensa de España

2008 - 2011
Sucesor:
Fernando García Sánchez

Notas editar

  1. Real Decreto 1249/2008, de 18 de xullo, polo que se nomea Xefe do Estado Maior da Defensa, BOE (en castelán).
  2. Juan Andrés Suárez García, de orixe asturiano, afincado e destinado en Pontevedra, e o vigués Rubén Alonso Ríos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar