José Isorna
frade e xornalista galego
(Redirección desde «José Isorna Ferreirós»)
José Manuel Isorna Ferreirós, nado en Barcia (Cordeiro, Valga) o 29 de maio de 1921 e finado en Santiago de Compostela o 26 de abril de 2016[1], foi un frade galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de maio de 1921 Cordeiro, España |
Morte | 26 de abril de 2016 (94 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico |
Lingua | Lingua galega |
Orde relixiosa | Orde Franciscana |
Traxectoria editar
Estudou no convento de San Francisco de Herbón. Nomeado sacerdote, deu a súa primeira misa o 8 de xuño de 1947 na súa parroquia natal.
Frade da Orde dos Freires Menores, desempeñou diversas responsabilidades nos conventos franciscanos de Santiago de Compostela, Pontevedra, Ourense e mais en Madrid. Foi delegado diocesano de medios de comunicación social. Colaborou en El Correo Gallego e La Noche, e en 1950 pasou a dirixir El Eco Franciscano[2]. Oficiou as misas dominicais televisadas na Televisión de Galicia, e foi membro correspondente da Real Academia Galega.
Obra editar
- Ideario del Filósofo, del Artista y del Historiador (1950)
Notas editar
- ↑ "Fallece el franciscano Padre Isorna a los 94 años", artigo en Faro de Vigo, 27 de abril de 2016 (en castelán).
- ↑ Couceiro Freijomil, A. (1952). "ISORNA, José". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 247.