José Galisteo

cantante español

José Galisteo, nado en Viladecans (provincia de Barcelona) o 24 de febreiro de 1977, é un cantante catalán, que chegou a ser finalista do programa Operación Triunfo en 2006.

Infotaula de personaJosé Galisteo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Antonio Galisteo García Editar o valor em Wikidata
24 de febreiro de 1977 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Viladecans, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2006 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2408349 Facebook: jose galisteo Twitter: josegalisteo Musicbrainz: 448c87aa-89bc-4242-a207-1894897c88fb Songkick: 609105 Discogs: 1038928 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Jose Galisteo comezou a estudar solfexo e piano aos 12 anos. Con 20, tras regresar do servizo militar, ingresou como vocalista no dúo Mediterráneo. Logo de oito anos cantando en pequenos locais presentouse ao cásting de Operación Triunfo, que lle abre grandes oportunidades no ámbito musical, quedando dos seis finalistas na edición do 2006.

En maio do 2007 lanza o seu primeiro disco, Remember un álbum de versións en inglés con produción a cargo de Da Bruk e baixo o selo Vale Music, conseguindo manterse na lista oficial de vendas Promusicae durante varios meses. Lanza dous singles, "I Promised Myself" cun divertido videoclip onde aparece como mozo dun calendario e "Big In Japan", cuxo videoclip rodado en París, aparece cunha sexy modelo xaponesa.

No 2008 obtén o premio Garamond polo seu disco Remember outorgado en Madrid por un xurado formado por destacados músicos e produtores da escena musical nacional.

Realiza dúas xiras (2007 e 2008) que o levan por todo o territorio nacional e tamén París, Andorra e Berna.

O 26 de outubro de 2009 lanza Luces y Sombras o seu segundo disco de estudo, repetindo produción con Da Bruk, debutando como produtor e director artístico, baixo o selo Label Sound Records, con sede en Barcelona. O seu primeiro single "Lógicamente No" é un bombazo dance e vén acompañado dun suxestivo e elegante videoclip, onde Jose Galisteo cóntanos unha historia de desencontros amorosos xunto a varias modelos españolas.

Luces y Sombras contén 13 cortes (3 deles remixes). En castelán, e de estilo pop electrónico, afianza a Jose Galisteo neste estilo de música e convértese nunha forte aposta pola música electrónica e dance.

Discografía editar

Álbums editar

Singles editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar