José Gómez Rubio

mestre galego

José Gómez Rubio, nado en Cuntis o 1 de xaneiro de 1911 e finado en Piñeiro o 26 de abril de 1979, foi un mestre galego.

Infotaula de personaJosé Gómez Rubio
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1911 Editar o valor em Wikidata
Cuntis, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de abril de 1979 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Piñeiro, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaría Luz Vidal Sanjuán

Traxectoria editar

Fixo Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, e obtivo o título de mestre en 1929.[1] Mestre de Ferreira (San Sadurniño), co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi destituído e cesado en agosto.[2][3] Foille conmutada a sanción por un ano de suspendión de emprego e soldo en setembro.[4] En 1944 destinárono inicialmente como mestre á escola de San Cristovo de Arantón e despois pasou á Agrupación Mixta de Santa Comba, onde foi director e secretario da Xunta Municipal. En 1973 integrouse no novo Colexio Público Barrié de la Maza.[5] Finou en Piñeiro o 26 de abril de 1979.[6]

Recoñecementos editar

A Corporación Municipal de Santa Comba deulle o seu nome a unha rúa da localidade polos 35 anos dedicados enteiramente ao ensino.[7]

Vida persoal editar

Casou coa mestra María Luz Vidal Sanjuán, e foi pai de Rosa María e José Manuel Gómez Vidal.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 7-7-1929, p. 2.
  2. BOP A Coruña, 24-8-1936, p. 1.
  3. El Correo Gallego, 26-8-1936, p. 1.
  4. El Ideal Gallego, 13-9-1936, p. 6.
  5. "Luz Vidal. Unha mestra xalleira condecorada polo Rei - Adiante Galicia". 2022-05-04. Consultado o 2024-04-02. 
  6. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 27-4-1979, p. 50.
  7. "Personaxes | Concello de Santa Comba". Consultado o 2024-04-02.