José Gómez Rivas

labrego e político galego

José María Generoso Gómez Rivas, nado en Oca (A Estrada) o 15 de maio de 1882[1] e finado en Pontevedra o 15 de outubro de 1936, foi un labrego e político galego.

Infotaula de personaJosé Gómez Rivas
Biografía
Nacemento15 de maio de 1882 Editar o valor em Wikidata
Oca, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Veciño de Oca. Foi elixido concelleiro da Estrada polo distrito da Ulla na candidatura do Centro Republicano nas eleccións municipais do 31 de maio de 1931.[2] Foi suspendido como concelleiro durante o bienio negro. Cando se constitúe a xestora municipal, o 5 de maio de 1936, volveu á corporación en representación dos agrarios. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido á entrada da Estrada o 21 de xullo cando viña nun automóbil con José Cortés Fernández, Ramiro Buján Gómez e Manuel Bugallo Pereira para poñerse ás ordes da alcaldía na defensa das institucións democráticas. Xulgados en consello de guerra en Pontevedra o 8 de outubro por rebelión militar pola súa participaron na requisa de armas e explosivos e recruta de xente na comarca do Ulla, foi condenado a pena de morte con José Cortés. Foron fusilados o 15 de outubro de 1936.

Notas editar

  1. Mortos
  2. El Emigrado, 7-6-1931, p. 3-4.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar