José Fernández Ramos

político español

José Fernández Ramos, nado en 1955 e finado o 17 de maio de 2008, foi un político galego do PSdeG-PSOE.

Infotaula de personaJosé Fernández Ramos
Biografía
Nacemento1955 Editar o valor em Wikidata
Morte17 de maio de 2008 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mestre de profesión, foi profesor da Escola Agraria de Guísamo e, logo de aprobar as oposicións, exerceu como docente no colexio A Solana de Narón e en distintos centros educativos de Bergondo e Betanzos. Militante do PSdeG, foi concelleiro en Bergondo dende 1987. Conseguiu a alcaldía de Bergondo nas eleccións municipais de 1999. Nesa lexislatura gobernou co apoio do grupo nacionalista. Nas municipais de 2003 experimentou unha suba en votos, co cal continuou como alcalde con maioría absoluta. Esa vantaxe diluíuse nas municipais de 2007, tras as que foi investido de novo alcalde, pero desta volta formando un goberno socialista en minoría. En setembro dese mesmo 2007, foi escollido presidente do Consorcio das Mariñas, unha entidade supramunicipal desa comarca coruñesa. En marzo de 2008 deixou a alcaldía por razóns de saúde. Faleceu unhas semanas despois, no mes de maio.


Predecesor:
José Carabel Balsa
  
Alcalde de Bergondo
 
1999 - 2008
Sucesor:
Alejandra Pérez Máquez
Predecesor:
Julio Sacristán
 Presidente do Consorcio das Mariñas 
2007 - 2008
Sucesor:
Julio Sacristán

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar