José Ernesto Díaz Noriega
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2020.) |
José Ernesto Díaz-Noriega, nado en Barcelona en 1912 e finado en Madrid o 21 de febreiro de 2002, foi un director de cine catalán que viviu e filmou en Madrid e Galicia. Na película Os Suevos asina como Xosé Ernesto Díaz Noriega
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1912 Barcelona, España |
Morte | 21 de febreiro de 2002 (89/90 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Traxectoria editar
Casado con Julia Villalva Aguirre, durante a guerra civil española combateu co exército nacional, logo de que o seu sogro Federico Villalva, habilitado do Congreso dos Deputados, fose asasinado xunto ao seu fillo Bernardo, o 7 de xuño de 1936 nos arredores de Madrid.
Traballou como axudante de montes en Valencia, Madrid e na Coruña, onde chegou na década de 1950. Foi o primeiro presidente da Asociación de cine de Galicia e xurado de moitos festivais.[Cómpre referencia] Foi galardoado no Festival de Cannes[Cómpre referencia] e coas medallas de ouro dos festivais de Estoril e Dvronik.[Cómpre referencia]
En 2006 Marcos Nine rodou a mediametraxe biográfica Pensando en soledad e a curtametraxe J.E.D.N. , versión reducida da anterior.
Obra editar
- Las ninfas de la charca (1935)
- El viejo parque del oeste (1936)
- Un frente en calma
- Banderas victoriosas (1939)
- Dos versiones del mar
- Sever Odnum (Mundo la revés) (1964)
- El cine amateur (1965)
- El Jurado
- Al Nasr Altair
- El festival
- Bosques de Galicia
- Os Suevos (1974)
- Nuestros prados, nuestros montes
Fixo sonorizacións de filmes mudos como Nosferatu, Metropolis e Blood and Sand.
Tamén participou nas películas galegas Illa, O herdeiro, O pai de Migueliño (1977) e Fendetestas (1975).
Véxase tamén editar
- José Ernesto Díaz Noriega na IMDb (en inglés).
- Los vampiros de la Transición, por Enrique Piñuel, na El Salto Diario (23/03/2019)