José Domingo Hidalgo
xornalista galego
José Domingo Hidalgo, nado en Tui o 21 de abril de 1896 e finado en París o 30 de marzo de 1958, foi un xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de abril de 1896 Tui, España |
Morte | 30 de marzo de 1958 (61 anos) París, Francia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Establecido en Madrid, exerceu o xornalismo. Foi redactor de El Parlamentario e de Heraldo de Madrid, onde fixo crítica taurina co pseudónimo de Pepe Festivo. Foi crítico teatral e correspondente do diario La Nación de Bos Aires. Impulsou festivais con fins benéficos.
Ao rematar a Guerra civil exiliouse en Alemaña e Francia. Foi locutor de Radiodifusión e Televisión Francesa en París, e redactou os diálogos La rebotica e La tertulia del Café Dupont e a comedia El triunfador para a emisión destinada aos republicanos.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Gran Enciclopedia Gallega