José Doldán
guerrilleiro antifranquista galego
José Doldán Don, coñecido como Daniel, nado en San Pedro de Nós (Oleiros) o 18 de agosto de 1912 e finado en Aranga o 26 de xuño de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de agosto de 1912 San Pedro de Nós, España |
Morte | 26 de xuño de 1946 (33 anos) Aranga, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra civil española |
Traxectoria editar
Fillo de Manuel Doldán Caridad, afiliado á CNT e próximo ao PSOE. Nado en Oleiros, electricista de profesión. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 tratou de fuxir por mar, pero fracasou. Participou na loita guerrilleira dende 1945 dentro da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia ao mando de Marcelino Rodríguez Fernández Marrofer. Foi morto por unha contrapartida en Milreu (Aranga), o 26 de xuño de 1946, xunto con Marrofer e outros dous guerrilleiros.
Datos persoais editar
Estaba casado con Francisca Casal Sánchez, e tiña unha filla chamada Francisca Doldán Casal.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.