José Cribeiro González

mestre e político galego

José Cribeiro González, nado en Mogor (Mañón) o 14 de decembro de 1898,[1] e finado en Vigo en 1981, foi un mestre e político galego.

Infotaula de personaJosé Cribeiro González
Biografía
Nacemento14 de decembro de 1898 Editar o valor em Wikidata
Mogor, España Editar o valor em Wikidata
Morte1981 Editar o valor em Wikidata (82/83 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Sendo estudante publicou un artigo sobre Concepción Arenal en El Progreso.[2] Rematou Maxisterio en 1915.[3] Aprobou as oposicións en 1924.[4] Foi destinado á escola de Donas (Gondomar) en 1924.[5] Foi un dos animadores da Sociedade Agraria de Donas. Coa proclamación da Segunda República foi nomeado presidente da xestora provisional, permanecendo no cargo ata que se celebraron novas eleccións o 31 de maio. Foi presidente da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Vigo.[6]

Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, estaba en Pontevedra formando parte dun tribunal de selección de mestres, residindo na casa paterna. Foi detido o 15 de agosto e ingresou en prisión ao día seguinte. Foi procesado na causa 805/36, polo delito de rebelión con José Pequeño Rodríguez (alcalde de Gondomar), Rogelio Lorenzo González (tenente de alcalde), Joaquín Míguez Ledo (presidente do sindicato) e os obreiros Eduardo Hermida Pereira, Antonio Iglesias (a) Cañón, Manuel Domínguez Sanromán e Feliciano Vargas. Cribeiro estaba considerado como inspirador dos movementos agrarios e sindicais, e tamén instigador das decisións do presidente da Sindicato de Oficios Varios de Gondomar, Joaquín Míguez. Xulgado en Vigo o 16 de outubro,[7] foi absolto. Cando o puxeron en liberdade andou agochado por Pontevedra e Santiago, ata que acordou alistarse como voluntario na lexión; dese xeito evitou que andasen tras del os cívicos e falanxistas e evitou a morte. Cun nome falso, José María Ruíz Berlanga, marchou para Zaragoza; por idade e preparación, enviárono ás oficinas e non chegou a ir á fronte.

Foi expulsado do maxisterio e non puido reincorporarse ao maxisterio ata ben entrada a década dos cincuenta. A súa muller Concha tamén foi sancionada, e o seu irmán Pío Cribeiro, a súa cuñada Regina Rodríguez Bares, e a irmá desta, Áurea, que exercían nas escolas de Aldán e Coiro. Concepción e José sobreviviron dando clases particulares en Gondomar. Despois Cribeiro foi mestre de Matamá, onde se xubilou en 1972.[8]


Predecesor:
José de Lis Rodríguez
  
Alcalde de Gondomar
 
1931
Sucesor:
Pablo Nieto Virostra

Vida persoal editar

Casou coa tamén mestra Juliana Concepción Gómez Martín en 1926.

Notas editar

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 100. 
  2. "Concepción Arenal y el problema social", El Progreso, 1-5-195, p. 1.
  3. Diario de Pontevedra, 14-6-1915, p. 2.
  4. El Noticiero Gallego, 25-6-1924, p. 2.
  5. El Progreso, 19-11-1924, p. 2.
  6. Álvarez Castro, Xosé (2019). "Sindicalistas en Vigo (e 2)"
  7. El Diario de Pontevedra, 16-10-1936, p. 2.
  8. El Pueblo Gallego, 3-11-1972, p. 9.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar