José Carrera Ramilo
José Carrera Ramilo, nado no Porriño o 28 de xullo de 1874 e finado na mesma vila o 6 de maio de 1959, foi un farmacéutico e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xullo de 1874 O Porriño, España |
Morte | 6 de maio de 1959 (84 anos) O Porriño, España |
Gobernador civil da provincia de Ourense | |
1919 – | |
Alcalde do Porriño | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutico , político |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | José Carrera Domínguez |
Traxectoria editar
Fillo de Jaime Carrera Merino, farmacéutico no Porriño. Doutor en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi titular da farmacia que pertencera ao seu pai. Representante de Gabino Bugallal no distrito, foi Xuíz (1899-1903) e alcalde do Porriño. Promoveu o periódico El Eco de Porriño y Mos. Foi deputado provincial (1915-1923) e Gobernador civil de Tarragona (1919), León (1920-1921), Ourense (1921) e Lugo (1922). Continuou exercendo como cacique do Porriño ata a Segunda República.[1] Foi Director Técnico do Centro Farmacéutico de Vigo, académico da Real Academia de Farmacia e decano dos farmacéuticos españois. Foi presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra (1914-1919 e 1946).
Predecesor: ? |
Alcalde do Porriño 1903 - 1905 |
Sucesor: ? |
Predecesor: ? |
Alcalde do Porriño 1909 |
Sucesor: ? |
Obras editar
- Estudio químico de las peptonas, precedido de algunas consideraciones acerca de los fermentos que las originan, 1898.
Vida persoal editar
Casou con María Domínguez Rodríguez en 1905 e foi pai de José Carrera Domínguez.
Notas editar
- ↑ El Pueblo Gallego, 25-3-1931, p. 8.