José Candal Bouzas

guerrilleiro antifranquista galego

José Candal Bouzas, nado en Ardemil (Ordes) cara a 1907 e finado na Coruña o 20 de novembro de 1990, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaJosé Candal Bouzas
Biografía
Nacemento1907 Editar o valor em Wikidata
Ardemil, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de novembro de 1990 Editar o valor em Wikidata (82/83 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Domiciliado nas Mámoas (Ardemil). Militou nas Juventudes Socialistas durante a República. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu na casa nos primeiros momentos, intentando pasar inadvertido para salvar a vida. Botou unha tempada agochado. Enlace da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, foi detido o 7 de agosto de 1947, despois da caída de Manuel Ponte Pedreira. Levárono ao cuartel da Garda Civil de Ordes canda José Ríos Gómez onde foi torturado. Finou nas Mámoas o 20 de novembro de 1990, aos 83 anos.[1]

Vida persoal editar

Foi pai de José e Manuel Candal Gómez.

Notas editar

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 21-11-1990, p, 64.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Astray Rivas, Manuel (1992). Síndrome del 36: la IV agrupación del ejercito guerrillero de Galicia. Ediciós do Castro. p. 200. 

Ligazóns externas editar