José Caballero Rubio

mestre e político español

José Caballero Rubio, nado en Córdoba o 22 de marzo de 1909[1] e finado no Confurco (Xinzo, Ponteareas) en outubro de 1936, foi un mestre e político español.

Infotaula de personaJosé Caballero Rubio

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de marzo de 1909 Editar o valor em Wikidata
Córdoba, España Editar o valor em Wikidata
Morteoutubro de 1936 Editar o valor em Wikidata (27 anos)
Ponteareas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi mestre interino en Peñarroya-Pueblonuevo (1927), El Viso (1928) e Sileras (1929). En 1930 aprobou as oposicións. Destinado na escola de Triñáns (Abanqueiro), secretario da agrupación boirense de Unión Republicana, foi concelleiro en Boiro e tenente de alcalde logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído e, posteriormente, detido co tamén mestre Rodrigo Álvarez Gantes. Trasladado ao cárcere de Santiago de Compostela, foi sacado da cadea unha noite de outubro de 1936 e asasinado. O seu cadáver apareceu no Confurco (Xinzo, Ponteareas).

Notas editar

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 62. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar