José Bernárdez Santaclara
zapateiro, sindicalista e escritor galego
José Bernárdez Santaclara, coñecido como Pasarín, nado en Bueu en 1906 e finado en Pontevedra en xullo de 1993,[1] foi un zapateiro, sindicalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1906 Bueu, España |
Morte | xullo de 1993 (86/87 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | zapateiro , sindicalista , escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Mariñeiro de novo, fíxose zapateiro por problemas de saúde. Foi secretario da sociedade Adelanto Marinero da UGT. Na Segunda República foi concelleiro de Bueu. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra por adhesión á rebelión foi condenado a cadea perpetua e inhabilitación absoluta. Saíu en prisión atenuada en 1940. Foille conmutada a pena a 4 anos en decembro de 1942. En 1986 publicou o poemario Rosas salvajes.
Notas editar
- ↑ La Voz de Galicia, Pontevedra, 10-7-1993, p. 2.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- José Bernárdez Santaclara na páxina web Nomes e Voces.