José Bacariza Mallo
José Emilio Bacariza Mallo, nado en Santiago de Compostela o 17 de abril de 1910[1] e finado en Madrid en outubro de 1976,[2] foi un médico e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de abril de 1910 Santiago de Compostela, España |
Morte | outubro de 1976 (66 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | médico , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Fillo do médico Bernardino Bacariza Fandiño. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Pertenenceu ao Sindicato de Sanidade da CNT que funcionou en Santiago de Compostela de 1931 a 1936, sendo tesoureiro da súa directiva. Licenciouse en 1933. Traballou como médico libre en Portomouro, onde estaba destinada a súa nai Juana Mallo como mestra.[3] En outubro de 1935 solicitou colexiarse en Ourense como médico libre no Pazo (Castrelo de Miño). Volveu solicitar colexiarse como médico libre en Ourense en 1944, trasladándose a Alcantud (Cuenca) en 1945. En 1956 era médico de Matillas (Guadalajara).[4]
Vida persoal editar
Casou con Carmen Franqueira Sabugueiro,[5] e foi pai de Carmen Dolores Juana Bacariza Franqueira.