José Bóveda Formigo

sindicalista e político galego

José Bóveda Formigo, coñecido como Pepe Bóveda, nado en Ventosela (Ribadavia) cara a 1912 e finado na mesma parroquia o 16 de xullo de 2007, foi un sindicalista e político galego.

Infotaula de personaJosé Bóveda Formigo
Biografía
Nacemento1912 Editar o valor em Wikidata
Ventosela, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de xullo de 2007 Editar o valor em Wikidata (94/95 anos)
Ventosela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Durante a Segunda República foi un dos fundadores da Sociedad de Agricultores de Valdepereira, adscrita á CNT do Ribeiro.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia asaltando a Casa Cuartel da Garda Civil de Ribadavia e foi detido. Xulgado en Ourense por rebelión militar foi condenado a cadea perpetua. Trasladado o 26 de xuño de 1937 á prisión do Forte de San Cristóbal de Pamplona, participou na fuga do 22 de maio de 1938, xunto con outros 1 085 presos; pero foi detido. Foi condenado a 17 anos máis de cadea. Revisada a súa condena, saíu á rúa en setembro de 1945 e regresou a Ribadavia. Pola presión dos fascistas locais, tivo que emigrar a Barcelona en 1947. Traballou na empresa municipal de electricidade Construcciones Eléctricas onde contactou coa CNT. Tras xubilarse, regresou ao Ribeiro. Finou en Ventosela con 95 anos.[2]

Recoñecementos editar

En 2002 recibiu unha homenaxe dos Amigos da República de Ourense.[3]

Vida persoal editar

Casou en Ribadavia con María del Pilar Feijóo-Montenegro Vázquez-Campo en agosto de 1957.[4]

Notas editar

  1. Valdepereira: agrarismo e anarquismo no Ribeiro
  2. Fallece Bóveda, preso de la dictadura que lideró la fuga de un penal navarro
  3. "Amigos da República honran ó fundador da CNT no Ribeiro", La Voz de Galicia, 13-3-2002, p. 10.
  4. El Pueblo Gallego, 1-9-1959, p. 12.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar