José Antonio Fernández Muro

pintor español

José Antonio Fernández Muro, nado en Madrid o 3 de xaneiro de 1920 e finado na mesma cidade o 14 de marzo de 2014, foi un pintor español.

Infotaula de personaJosé Antonio Fernández Muro
Biografía
Nacemento3 de xaneiro de 1920 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de marzo de 2014 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesFernandez-Muro, Jose Antonio Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña
Arxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1938 xunto á súa familia marchou á Arxentina. Estudou no taller do pintor catalán Vicente Puig. Fixo a súa primeira exposición na galería Witcomb en 1944 e en 1948 expuxo na Galería Buchholz de Madrid. Formou parte do Grupo Artistas Modernos, creado por Aldo Pellegrini, e expuxo en Buenos Aires, Ámsterdam, Río de Janeiro e Santiago de Chile. Foi responsable con Luís Seoane da revista Galicia Emigrante en 1954. En 1958 obtivo unha bolsa da UNESCO para estudar Museoloxía na escola do Louvre e asistir a un curso de arte contemporánea impartido por Pierre Francastel na Sorbona. Entre 1962 e 1969 viviu en Nova York onde asimilou as influenzas do graffiti, a palabra escrita e o Pop. En 1970 trasladouse a España, onde viviu ata a súa morte.

Pintura editar

Modificou a súa técnica e estilo continuamente, o seu arte abstracto pasou do impresionismo ao puramente matemático. Recibiu a influencia do neo-expresionismo do movemento Die Brüke e, a partir de mediados do século XX, comezou a experimentar co construtivismo.

A súa obra está nas coleccións do Museo Español de Arte Contemporánea, Museo Nacional de Belas Artes (Buenos Aires), Stedelijk Museum (Ámsterdam), Museum of Modern Art (MoMA), Solomon R. Guggenheim Museum (Nova York), Museo de Bellas Artes (Caracas), Museo de Arte Abstracto Español (Cuenca) ARCO Art Collection (Los Ángeles), Metropolitan Museum (Miami) e Blanton Museum of Art (Austin, Texas).

Recoñecementos editar

  • Medalla de Ouro de Pintura na Feira de Bruxelas, 1958.
  • Premio Guggenheim, 1960

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar