José Antonio Abreu

músico venezolano

José Antonio Abreu Anselmi, nado en Valera (Estado Trujillo) o 7 de maio de 1939 e finado o 24 de marzo de 2018, foi un director de orquestra, compositor, intérprete (pianista, organista, clavecinista) educador, activista e político venezolano. Era de confesión católica, economista summa cum laude e recibiu doutoramentos honoris causa en economía, música, educación e medicina de diversas universidades do mundo. Estaba considerado unha das iconas culturais de Venezuela.[1][2]

Infotaula de personaJosé Antonio Abreu

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Antonio Abreu Anselmi Editar o valor em Wikidata
7 de maio de 1939 Editar o valor em Wikidata
Valera, Venezuela Editar o valor em Wikidata
Morte24 de marzo de 2018 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor em Wikidata
Member of the Chamber of Deputies of Venezuela (en) Traducir
1963 – 1969
Datos persoais
País de nacionalidadeVenezuela Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Míchigan
Jose Angel Lamas School of Music (en) Traducir
Universidade Católica Andrés Bello (pt) Traducir - economía Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpianista , compositor , director de orquestra , político , economista , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1957 Editar o valor em Wikidata - 24 de marzo de 2018 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Simón Bolívar (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoFrente Nacional Democrático (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor em Wikidata
ProfesoresEvencio Castellanos (en) Traducir e Vicente Emilio Sojo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano, Clavicémbalo e Órgano Editar o valor em Wikidata
Premios

TED: jose_antonio_abreu Musicbrainz: 109bbb36-cb49-4031-ab10-e0bf5cd9ae1c Allmusic: mn0002250146 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Desde moi novo, dedicouse á música, estudando con Doralisa Jiménez de Medina en Barquisimeto e máis tarde en Caracas, aos dezanove anos, con Moisés Moleiro, Evencio Castellanos e Vicente Emilio Sojo. Completou estudos en Europa e nos Estados Unidos. Graduouse como economista na Universidade Católica Andrés Bello e desempeñou diversos cargos políticos en Venezuela.

El Sistema editar

Abreu fíxose coñecido pola súa asociación coa docencia da música, como creador de El Sistema. Este programa, aínda vixente, busca proporcionar oportunidades educativas e de desenvolvemento persoal a través da música a nenos e mozos, especialmente aqueles en situacións desfavorecidas. Baixo a dirección de Abreu, El Sistema ten participado en programas de intercambio e de cooperación musical con países de todo o mundo.

Sistema de orquestras e coros xuvenís e infantís do Estado Zulia, Venezuela.

En 1975 fundou a Orquesta Sinfónica Nacional Juvenil e a Fundación del Estado para el Sistema Nacional de las Orquestas Juveniles e Infantiles de Venezuela (FESNOJIV), unha rede de orquestras infantís, xuveniles e de coros que involucra a miles de rapaces e raparigas.[3] Co mesmo método fundouse a Orquesta Sinfónica de la Juventud Venezolana Simón Bolívar fundada en 1979.

Recibiu o Premio Nacional de Música de Venezuela de 1979 polo seu traballo en El Sistema, e o Príncipe de Asturias de 2008.

Honras editar

Abreu foi galardoado co Premio Nacional de Música Sinfónica en 1967.

Foi homenaxeado co Premio Latin Grammy Trustees 2009, unha honra concedida a personalidades que contribuíron á música pola Academia Latina de Artes y Ciencias de la Grabación.

Tamén recibiu o premio TED.

Notas editar

  1. Vulliamy, Ed (2007-07-29). "Orchestral manoeuvres". The Observer (en inglés). ISSN 0029-7712. Consultado o 2023-10-24. 
  2. "Biografía de José Antonio Abreu (Su vida, historia, bio resumida)". www.buscabiografias.com. Consultado o 2023-10-24. 
  3. "Récord mundial en el Poliedro: Gran concierto con 10.701 músicos en homenaje a José Antonio Abreu". Consultado o 2023-10-24. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.