José Andrëa

cantante boliviano

José Mario Martínez Arroyo, nado na Paz (Bolivia) o 26 de xaneiro de 1971, máis coñecido como José Andrëa (engadiu o nome «Andrea» pola súa primeira filla) é un cantante boliviano-español coñecido polo seu traballo co grupo de folk metal Mägo de Oz. Actualmente é vocalista e líder da banda José Andrëa e Uróboros.[1]

Infotaula de personaJosé Andrëa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Mario Martínez Arroyo Editar o valor em Wikidata
26 de xaneiro de 1971 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
A Paz, Bolivia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesJosé Andrëa Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeBolivia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1994 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoFolk metal Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Facebook: JoseAndreaUroborosoficial Musicbrainz: bfc0d2f5-c409-4c44-935b-61aeae3ba88f Songkick: 2039251 Discogs: 2435090 Editar o valor em Wikidata
José Andrëa nun concerto de Mägo de Oz.


Traxectoria editar

Naceu na Paz, Bolivia, mais medrou no barrio madrileño de Hortaleza. Comezou tocando a batería nun grupo escolar con 14 anos. Despois de o cantante do grupo cambiar de colexio, José substituíuno de xeito provisional. Nese momento casualmente foi albiscando aos poucos a súa capacidade vocal e comezou a tomar clases de música. Ante o seu talento, tanto a súa nai como un profesor de música insistíronlle en que tomase clases de canto e máis adiante fose ao conservatorio.

Licenciouse en canto polo Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e foi profesor de canto e coro durante anos. En 1994 Txus, batería e compositor de Mägo de Oz, foi á academia onde José daba clases, na busca dun vocalista para o grupo.[2] A banda actuara unha noite antes como abreconcertos de Ñu e, casualmente, José víraos. O batería preguntoulle por algún alumno avantaxado en canto e que lle gustase o estilo de Mägo para entrar na banda como vocalista. Daquela, o propio profesor ofreceuse para o posto.

Tras exercer como cantante en varias formacións madrileñas de heavy metal, en 1995 José Andrëa converteuse no novo cantante oficial do grupo.

Alcanzou a fama tras varios nomeamentos e premios a "Mellor cantante masculino" entre elas as do Rockferendum de MariskalRock. Gañou dito galardón desde 2005 até 2008 e quedou segundo en 2009, 2010 e 2011.[3]

En 2004, baixo a produción de Txus, José lanzou o seu primeiro álbum en solitario, Donde el corazón te lleve. O disco está composto por baladas de grupos como Deep Purple ou Barón Rojo e as letras están adaptadas ao español por Txus.

O 24 de outubro de 2011, 16 anos despois, Mägo de Oz anunciou nun comunicado na súa web oficial que José Andrëa deixaba a banda. As subseguintes xiras por América e España foron os seus últimos actos como membro da formación.[4]

A inicios de 2012 comezou un novo proxecto cunha banda de seu: José Andrëa e Uróboros. Desta volta deixa de lado o estilo de Mägo de Oz e céntrase nunha fusión de rock and roll e blues. A banda sacou tres discos: Uróboros (2012), Resurrección (2015) e Bienvenidos Al Medievo (2019).

Voz editar

A voz de José Andrëa é dun tenor lírico lixeiro. Con todo, os seus profesores consideraron nun principio que se trataba dun contratenor.

O seu rexistro vocal, segundo a discografía á cal lle deu voz, sería dun Fa#2 (Adiós Dulcinea), frecuentes Do5 e Re5 alcanzados de cabeza («La Leyenda de la Mancha», «El Santo Grial», «Kelpie», «La Cruz de Santiago» ou «El pacto») e Fa5 en voz de cabeza («La Última Cena»). O seu máximo sobreagudo rexistrado é un La5 (no minuto 10:12 de «La Bruja»).[Cómpre referencia]

O seu rexistro vocal é Fa#2-Do5~Fa5(La5), é dicir, 40 semitons ou 3,33 oitavas.[Cómpre referencia]

Nos últimos anos con Mägo de Oz, debido ás intensas xiras, a idade, a súa adicción ao alcol de entón e outros factores ambientais, a voz de José escureceuse lixeiramente. Os tons agudos perderan a súa brillantez característica en prol doutros matices, como unha voz máis desgarradora e con máis corpo.[Cómpre referencia]

Problemas de saúde editar

Durante os seus últimos anos en Mägo de Oz e os primeiros en Uróboros, José Andrëa tivo moitos problemas debido ao seu alcolismo, que mesmo afectou ao seu rendemento no escenario. A adicción chegou a provocarlle unha pancreatite necrosante e posterior peritonite da que tivo que ser operado de emerxencia en 2013 durante as datas de concertos na Paz, a súa cidade natal.[5]

Esta foi unha operación de vida ou morte, e fóronlle extirpados parte do intestino groso, a vesícula e tres cuartas partes do páncreas.[6] Sobrevivir a dita cirurxía fixo que decidise cambiar os seus hábitos. En 2015, xa recuperado, incluíu no traballo de Uróboros dese ano, Resurrección, a canción «La Salida del Averno», a cal fala sobre como logrou superar a adicción.

En setembro de 2021, debido a varias hernias estomacais, tivo que volver someterse a unha cirurxía de moi alto risco, cunha probabilidade de supervivencia de tan só un 30%.[5] Afortunadamente, a intervención foi un éxito e continuou coa súa actividade con Uróboros.[7]

Discografía editar

Con Mägo de Oz editar

  • Jesús de Chamberí (1996)
  • La bruja (1997)
  • La leyenda de La Mancha (1998)
  • Finisterra (2000)
  • Fölktergeist (2002)
  • A Costa da Rock (2002)
  • Gaia (2003)
  • Belfast (2004)
  • Madrid Las Ventas (2005)
  • Gaia II: La voz dormida (2005)
  • The Best Oz (2006)
  • La ciudad de los árboles (2007)
  • Barakaldo D.F. (2008)
  • Gaia III: Atlantia (2010)
  • Gaia: Epílogo (2010)
  • Love 'n' Oz (2011)

Con José Andrëa e Uróboros editar

  • Uróboros (2012)
  • Resurrección (2015)
  • La Paz, Donde Todo Es Posible (En Directo) (2018)
  • Bienvenidos al Medievo (2019)

Como solista editar

Colaboracións editar

  • Como vocalista en «Y serás canción», canción escrita por Txus e interpretada, entre outros, xunto a Savia, Stravaganzza, Silver Fist ou Ebony Ark para render homenaxe a Big Simon. Foi incluída no disco-libro de poemas El cementerio de los versos perdidos, de Txus, que inclúe temas orixinais. Foi gravado con artistas de grupos como Savia ou Saratoga.
  • Con Sabor Amargo en «Este invierno no hace frío», así como na gravación do videoclip e a presentación do mesmo.
  • Con Muro en «Mirada asesina».
  • Con The Garb en «O final» xunto con Txus.
  • Con Dragonfly en «1000 Lágrimas" e «Ángeles con una sola ala» do disco Alma Irae.
  • Con Renacer nunha versión de «Ancha es Castilla» do álbum En versiones.
  • Con Ankhara en «Hasta el fin», do álbum Dueño del tiempo.
  • Con In Extremo en «En esta noche», do álbum Sängerkrieg (en alemán, Guerra dos cantantes).
  • Con El Gitano, La Cabra y La Trompeta en «Investigando en los tejados» no disco Besos por balas.
  • Con Mojinos Escozíos en «Mi jefe».
  • Con Homo-Demen en «El discurso del estridente» do disco Nuevo Orden gravada en xullo de 2013.
  • Con Local 9 no tema «Solo puedo anidar en ti», cantando en chinés e español.
  • Coa banda Aquelarre en «El Mismo Pecado».
  • Con Legado de una Tragedia en «El Cruzado».
  • Coa banda Tregua en «Descalzo por tus besos».
  • Coa banda madrileña de power metal Casus Belli no seu primeiro álbum Ad Calendas Graecas cos temas «El Baler (1898)» e «Arianne».

Notas editar

  1. "Biografía de José Andrea". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2019. Consultado o 12 de xaneiro de 2010. 
  2. "Mägo de Oz". Mundo del Ocio. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2010. Consultado o 12 de xaneiro de 2010. 
  3. "Rockferendum". MariskalRock. Arquivado dende o orixinal o 7 de novembro de 2009. Consultado o 12 de xaneiro de 2010. 
  4. "El cantante de 'Mägo de Oz' abandona el grupo". Público (en castelán). 24 de outubro de 2011. Consultado o 28 de outubro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 "Qué son las eventraciones, el grave problema que ha llevado a Jose Andrëa, exvocalista de Mago de Oz, al quirófano". 20 Minutos (en castelán). 6 de setembro de 2021. Consultado o 2 de novembro de 2022. 
  6. "La operación a vida o muerte de José Andrëa, excantante de Mägo de Oz, se realizará este 23 de septiembre". 20 Minutos (en castelán). 19 de setembro de 2021. Consultado o 2 de novembro de 2022. 
  7. Marcos, Carlos (22 de setembro de 2021). "José Andrëa, excantante de Mägo de Oz, supera la grave operación: “Estoy aquí, sí”". El País (en castelán) (Madrid: Prisa). Consultado o 2 de novembro de 2022.