Jornal Mapa é un xornal impreso en portugués de periodicidade trimestral.

Jornal Mapa
Jornal de Informação crítica
TipoImpreso e dixital
Fundaciónnovembro de 2012
Empresa editoraAsociación Mapa Crítico
Linguaportugués
Prezo1€
Tiraxe3.000
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

O primeiro número data de novembro de 2012 e ten unha tiraxe de 3000 exemplares distribuídos por librarías, centros sociais e educativos e quioscos[1]. As súas informacións caracterízanse por estar enfocadas en acontecementos sen espazo nos medios de comunicación de masas e na actualidade das periferias culturais, así como na investigación e no fomento do pensamento crítico[2]. Así, algúns dos seus temas centrais son a política, a xentrificación nas grandes cidades (en concreto, no Porto e en Lisboa), o ecoloxismo, a turistificación ou a economía social.

A empresa editora é unha asociación sen ánimo de lucro. Ao carecer de publicidade, o seu financiamento depende exclusivamente da venda dos exemplares impresos e de campañas anuais de micromecenado. Publícase baixo a licenza Creative Commons.

  1. "Distribuição". Jornal Mapa. Consultado o 09/03/2018. 
  2. "Quem somos". Jornal Mapa. Consultado o 09/03/2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar