Jorge Canda Martínez

político galego

Jorge Canda Martínez, nado na Lama en 1953,[1] é un político galego do PPdeG.

Infotaula de personaJorge Canda Martínez
Biografía
Nacemento1953 Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
A Lama, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde da Lama
1995 – 2023 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo A Lama Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular (2002–)
Partido Socialista Obrero Español
Centro Democrático y Social Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Axente de seguros comezou militando no CDS en 1986,[2] foi candidato por este partido en 1987. Posterioremente, pasou ao PSdeG-PSOE, e nas eleccións municipais de 1991 quedouse a trece votos de lograr a alcaldía, que conseguiu nas de 1995 encabezando a lista do PSdeG-PSOE coma independente, e chegando á alcaldía mediante un pacto cunha forza independente.[1] Nas municipais de 1999, encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE e acadou a maioría absoluta, co que continuou como alcalde.[1]

Posteriormente, Jorge Canda e todo o seu equipo de goberno pasáronse ao grupo mixto e, en 2002, formalizaron o seu ingreso no PPdeG.[1][2] Nas municipais de 2003 encabezou a lista do PPdeG, coa que foi reelixido por maioría absoluta. Volveu ser elixido con maioría absoluta nas sucesivas eleccións, incluíndo as de 2019.

Para as eleccións de 2023, foi substituído por David Carrera Cal.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Gago, M. (25 de febreiro de 2023). "El popular Jorge Canda se retira de la primera línea política tras 28 años como alcalde de A Lama". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 30 de abril de 2024. 
  2. 2,0 2,1 Casares, Christian (2002-10-11). "El alcalde de A Lama admite que se pasa al PP para lograr más inversiones". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2022-12-10. 
  3. Gago, David (24 de febreiro de 2023). "David Carrera releva a Jorge Canda como candidato del PP a la alcaldía de A Lama". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 30 de abril de 2024. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Manuel Rial González
  
Alcalde da Lama
 
1995 - 2023
Sucesor:
David Carrera Cal