Jordi Cruyff
Jordi Cruyff, nado en Ámsterdan o 9 de febreiro de 1974, é un futbolista catalán-holandés que xoga na demarcación de dianteiro. É fillo do lendario futbolista Johan Cruyff. Actualmente é asesor deportivo do FC Barcelona.
Jordi Cruyff | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Jordi Cruyff | ||
Nacemento | 9 de febreiro de 1974 | ||
Lugar de nacemento | Ámsterdam | ||
Altura | 1,83 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Barcelona (asesor deportivo) | ||
Carreira xuvenil | |||
1981–1988 | Ajax | ||
1988–1992 | Barcelona | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1992–1995 | Barcelona B | 51 | (16) |
1994–1996 | Barcelona | 41 | (11) |
1996–2000 | Manchester United | 34 | (7) |
1999 | → Celta (cedido) | 8 | (1) |
2000–2003 | Alavés | 94 | (7) |
2003–2004 | Espanyol | 30 | (3) |
2006–2008 | Metalurh Donetsk | 28 | (0) |
2008–2010 | Valleta | 17 | (10) |
Total | 299 | (55) | |
Selección nacional | |||
1995–2004 | Países Baixos | 9 | (1) |
1996 | Cataluña | 9 | (2) |
Adestrador | |||
2009–2010 | Valletta (asistente-xogador) | ||
2010–2012 | AEK Larnaca (director deportivo) | ||
2012–2017 | Maccabi Tel Aviv (director deportivo) | ||
2017–2018 | Maccabi Tel Aviv | ||
2018–2019 | Chongqing Dangdai Lifan | ||
2020 | Ecuador | ||
2020–2021 | Shenzhen | ||
2021– | Barcelona (asesor deportivo) | ||
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Formouse nas categorías inferiores do FC Barcelona, debutando co primeiro equipo na tempada 1994/95 dirixido polo seu pai Johan Cruyff. Ao finalizar a tempada seguinte foi cedido ao Manchester United da Premier League, porén non contou con moitas oportunidade e foi cedido ao Celta de Vigo na tempada 1998/99, pero so disputou oito encontros marcando un gol.
No ano 2000 volve á liga española para xogar no Deportivo Alavés xa en propiedade, en Vitoria milita tres tempadas, sendo unha peza importante do equipo que chega a clasificarse para a Copa da UEFA, porén ao final desa mesma tempada o equipo descende a Segunda División Española. Jordi deixa o equipo e ficha polo RCD Espanyol.
Ao finalizar esa tempada permaneceu en Barcelona semiretirado a causa das lesións, adestrandose co FC Barcelona B e disputando algún encontro de veteranos.
Na tempada 2006/07 volveu á actividade ao fichar polo FC Metalurh Donetsk da primeira división ucraína, xogou no equipo tres tempadas ao final das cales ocupaba a posición de defensa central.
En xuño de 2009 fichou polo Valletta FC de Malta, onde tamén realizou os labores de asistente do técnico, Tom Caanen.
Finalmente retirouse en 2012, xogando no AEK Larnaca de Chipre.
Coa selección de fútbol editar
Foi internacional coa selección de fútbol dos Países Baixos en nove ocasións, anotando un gol. Baixo as ordes de Guus Hiddink disputou a Eurocopa de Fútbol Inglaterra 1996.
Tamén disputou nove encontros coa selección de fútbol de Cataluña, marcando dous goles.
Palmarés editar
Títulos en España editar
- 1 Supercopa co FC Barcelona: 1994-95
Títulos en Inglaterra editar
- 2 Ligas co Manchester United
- 2 Supercopas co Manchester United
Títulos internacionais editar
- 1 Copa intercontinental co Manchester United
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Ficha do xogador no sitio web da FIFA Arquivado 14 de setembro de 2008 en Wayback Machine. (en inglés).
- Perfíl do xogador en Bdfutbol (en catalán)