Jordan Williams

baloncestista estadounidense

Jordan Williams, nado o 11 de outubro de 1990 en Torrington, Connecticut, é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente é axente libre.

Jordan Williams
Axente libre
Posición Ala-pivote
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 11 de outubro de 1990 (33 anos)
Torrington, Connecticut
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 118 kg (260 lb)
Información da carreira
Instituto Torrington High School
Universidade Maryland
NBA Draft 2011 / Rolda: 2 / Elección: 36
Por New Jersey Nets
Carreira dende 2011
Historial de equipos
New Jersey Nets (2011-2012)
Springfield Armor (NBA D-League) (2012)
Información en nba.com

Traxectoria profesional editar

Williams foi elixido na 36ª posición do Draft da NBA de 2011 polos New Jersey Nets.[1] Asinou o seu contrato polos Nets o 9 de decembro de 2011. O 18 de xaneiro de 2012, foi asignado aos Springfield Armor da NBA D-League.

O 11 de xullo de 2012, os Nets traspasaron a Williams, Jordan Farmar, Johan Petro, Anthony Morrow, e DeShawn Stevenson ós Atlanta Hawks a cambio de Joe Johnson.[2]

Notas editar

  1. Daigneault, Ed. "Nets have spot ready for Jordan to fill Torrington star ready for next step". Republican-American. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2011. Consultado o 28 de xuño de 2011. 
  2. Couch, Ben (11 de xullo de 2012). "A Jolt of Joe for the Nets". Brooklyn Nets. Consultado o 11 de xullo de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar