Jordan Hill

baloncestista estadounidense

Jordan Craig Hill, nado en Atlanta (Xeorxia) o 27 de xullo de 1987, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Vancouver Knights da North American Premier Basketball (NAPB).

Jordan Hill
Jordin Hill en xaneiro de 2013 (esquerda).
Vancouver Knights – No. 13
Posición Ala-pivote / Pivote
Liga NAPB
Información persoal
Nacemento 27 de xullo de 1987 (36 anos)
Newberry Carolina do Sur Carolina do Sur
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 109 kg (240 lb)
Información da carreira
Instituto North Springs (Atlanta, Georgia)
The Patterson School
(Patterson, North Carolina)
Universidade Arizona (2006–2009)
NBA Draft 2009 / Rolda: 1 / Elección: 8
Por New York Knicks
Carreira dende 2009
Historial de equipos
New York Knicks (2009–2010)
Houston Rockets (2010–2012)
Los Angeles Lakers (2012–2015)
Indiana Pacers (2015–2016)
Minnesota Timberwolves (2016–2017)
Nevada Desert Dogs (2017)
Vancouver Knights (2018)

Traxectoria editar

Hill foi escollido na 8ª posición do Draft da NBA de 2009 polos New York Knicks. Asinou un contrato por dúas tempadas e 4.3 millóns de dólares.[1] Xogou cinco partidos para os Knicks na liga de verán, onde fixo 14.4 puntos, 8.2 rebotes e 1.0 tapóns por partido.

O 18 de febreiro de 2010, Hill foi traspasado xunto a Jared Jeffries aos Houston Rockets, nun traspaso a tres bandas entre os Knicks, os Rockets e os Sacramento Kings, que mandou a Tracy McGrady aos New York Knicks.[2]

O 15 de marzo de 2012, foi traspasado aos Los Angeles Lakers a cambio do base Derek Fisher e unha elección de primeira rolda do Draft.[3][4]

Notas editar

  1. Knicks lock in first-round pick Hill
  2. Tracy McGrady traded to New York Knicks in 3-team deal, sources say - ESPN
  3. Report, Staff. "Lakers trade Derek Fisher to Rockets for Jordan Hill". aol. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2012. Consultado o 3/15/12. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2012. Consultado o 17 de marzo de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar